Gastó, Jordi

Un gran día de pesca / Jordi Gastó - 1ª ed. - Pontevedra : Kalandraka , 2023 - 11 p. : il. cor ; 22 cm

«Un gran día de pesca» é un divertido relato rimado e acumulativo que invoca a amizade e a interacción con outras persoas, que anima a romper a rutina con orixinalidade e a experimentar novas sensacións. Os autores de «Se che pica un mosquito» (XVII Premio Frei Martín Sarmiento de Literatura Infantil), Jordi Gastó e Christian Inaraja, volven cun novo libro cheo de humor, gozo e alegría.
As ilustracións destacan pola expresividade dos personaxes e a súa potencia comunicativa. De trazos sinxelos, son estruturas deliberadamente básicas e imperfectas, con cores planas e alegres que acentúan o carácter lúdico do texto.

Á falta dunha cana, o protagonista vai rodeándose dun numeroso grupo de amigos e amigas que non só lle proporcionan todo o necesario para pescar, senón para pasar un día fantástico de festa, música e cancións. Porque o importante é celebrar e compartir unha xornada inesquecible en boa compañía aínda que, de regreso, o caldeiro siga estando baleiro…

4º-5º-6º Educación Infantil 1º-2º Primaria

9788413431932


Oficios
Pesca
Vida cotiá
Amizade

82-P