Felpeto Lagoa, Matilde, 1948-

Cociña galega tradicional : receitas, tradición, historía e evolución / Matilde Felpeto Lagoa. - Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 2017. - 414 p. : il. col., mapa ; 24 cm.

As receitas recollidas en "Cociña galega tradicional" pertencen ao legado culinario de Galicia. En cada caso relátase a historia do ingrediente principal do prato e as distintas maneiras de preparalo. Neste libro descríbese a elaboración da receita máis tradicional, pero tamén como foi concibida polos cociñeiros clásicos e a súa evolución ata a actualidade.
Analízase a presenza das receitas nas obras dos escritores gastronómicos galegos, testemuñas fundamentais para coñecer a historia da nosa cociña, así como a opinión de ilustres gourmets sobre os pratos máis representativos da cociña galega. Preséntanse agrupadas seguindo a orde clásica de servizo na mesa: caldos e sopas, empanadas, vexetais, peixes e mariscos, carnes e sobremesas. Complétanse as receitas cunha información sobre produtos galegos de calidade: o pan, os queixos, os viños, as cervexas, as augas, os licores, as conservas e o mel.En "Cociña galega tradicional", a autora rebusca na súa memoria gastronómica para rememorar a cociña e as receitas da súa vida. Na narración conflúen a historia, a cultura e o pracer coa intención de que, despois de ler as receitas aquí descritas, os lectores reflexionen e miren dun xeito diferente o prato que van degustar.

9788491212638


Cociña galega--Receitas

641.55(460.11)(083.12)

Powered by Koha