A bruxa divertida / Ricardo Alcántara
by Alcántara, Ricardo [Author]; Gusti [Illustrator]; Ballesteros, Xosé [Translator].
Type:
This record has many physical items (56). Click here to view them all.
«A bruxa divertida» é a proba de que as nenas e os nenos teñen unha capacidade ilimitada para a imaxinación e a fantasía, para utilizar calquera material ao seu alcance no desenvolvemento dos seus propios xogos e para gozar con esa experiencia lúdica.
Tras «O pequeno indio» e «O pirata valente», o tándem creativo formado por Ricardo Alcántara e Gusti presenta unha protagonista feminina audaz e curiosa cuxos encantamentos se ven interrompidos por unha misteriosa voz.
As ilustracións de Gusti reforzan o dinamismo e o enxeño dos pareados con trazos áxiles que representan escenas cheas de maxia e expresividade por parte dunha simpática nena e o seu simbólico gato negro.
O texto rítmico e rimado de Ricardo Alcántara describe a bruxa Rosalía e detalla as súas habilidades coas apócemas e os feitizos. Trátase dun relato humorístico e emocionante cuxo xiro final -inesperado e sorprendente- marca a fronteira entre a ficción e a realidade. Unha historia ideal tanto para compartila en voz alta como para iniciarse na lectura autónoma en letras maiúsculas.