Tres desexos / Eva Mejuto
by
Mejuto, Eva [Author]
; Pacheco, Gabriel [Illustrator]
.
Type: 






Item type | Current location | Call number | Copy number | Status | Notes | Date due | Barcode | Item data |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Milladoiro Sala préstamo | 846 MEJ tre/BE-v | 1 | Available | Infantil | CEC044000010580 |
|
Había unha vez unha vella e un vello que vivían nunha casa moi pequena. Sen fillos que manter nin terras que cavar, botaban o día arredor da lareira. A falta doutra cousa, tiñan un anaco de pan espetado nun pau a dar voltas no lume. De súpeto, oíron ruído no tellado. -Quen andará aí?. -dixo o vello-. Serán corvos?. -Non-dixo a vella-, os corvos fan crou crou! -Será o moucho?. -Non, o moucho fai uuu uuu!. -Parecen pisadas... -insisitu o vello-. Serán trasnos?. -Se cadra, son! -dixo a vella-. Din que os trasnos poden facer que se cumpran os desexos.../ Ilustracións de Gabriel Pacheco/ Eva Mejuto a partir dun conto tradicional portugués
Soñar en noites de lúa, trae fortuna. Podedes pedir tres desexos, dicía o misterioso papel que se coou pola cheminea, cando os velliños estaban a asar un anaco de pan. Dentaduras de ouro, traxes elegantes, un palacio de diamantes… Que difícil escoller…! Entón a velliña cavilou que cun chourizo metido no pan, pensaría mellor. E, de repente… zas!, velaí un chourizo. Acababa de malgastar o seu primeiro desexo!
1º-2º Primaria