A poesía necesaria : lectura e creación poética dentro da aula / Antonio García Teijeiro
por García Teijeiro, Antonio; Bonato, Lucia; Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Tipo: LibroSeries: Biblioteca de intervención social/didáctica ;2.Editor: Vigo :Galaxia ,2009 Edición: 1ª.Descrición: 124 :il br/ng ;24cm.ISBN: 9788498652123.Materia(s): Lingua e literatura galega (ensaio) | Lingua e literatura galega (poesía) | Poesía | Fomento da Lectura -- Ensaio | Galego -- Ensaio | Galicia - Lingua -- EnsaioRecursos en liña: Faga clic para acceso en liñaTipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Milladoiro Sala préstamo | 37 GAR poe/ensino | 1 | Dispoñible | CEC044000011372 |
|
||
Prestable | CEIP Milladoiro Sala préstamo | 37 GAR poe/ensino | 2 | Dispoñible | CEC044000012090 |
|
||
Prestable | CEIP Milladoiro Sala préstamo | 37 GAR poe/ensino | 3 | Dispoñible | CEC044000012091 |
|
||
Prestable | CEIP Milladoiro Sala préstamo | 37 GAR poe/ensino | 4 | Dispoñible | CEC044000015259 |
|
AUTOR: Antonio Garcia Teijeiro é especialista literario, escritor, colaborador e amigo que foi de Alberti e Celso Emilio Ferreiro, como arestora o é de Paco Ibañez, Eduardo Aute, e desta maneira salientar que tamén moi valorado polas súas opinión e asemade tamén nas súas numerosísimas intervencións en Congresos e Xornadas tanto en Gailcia como no resto do estado Español e no estranxeiro. A poesía necesaria é un libro para ler de vagar.
SINOPSE: Antonio García Teijeiro tende con este mapa do tesouro unha trampa a tod@s aqueles/as ensinantes que devecen pola poesía. A poucas páxinas do inicio do libro, se sinte a imperiosa necesidade de anotar mil ideas, mil testemuños, e antes de chegar ó seguinte capítulo xa morres por escribir uns versos de medo, de bruxas, de risas, do campo, do río e ata personificas ós sapos que tocan trombóns nun doce idilio coas poetas galegas… porque non hai dúbida, cada unha destas páxinas está impregnada de miles de virus poéticos, bechiños bulideiros que che entran polo sorriso cando les unha rima ou cando ves escrita unha brincadela… e pola metade do libro, na cabeza, a túa clase xa non é tal, se non que trocou, e agora é un parnaso cheo de nen@s que recitan e descobren o verdadeiro sentido das cousas, máis aló da métrica, ese monstruo estrano que afasta a moit@s alumn@s da verdadeira esencia do poético.
Avanzas e segues enchendo o cuaderno de actividades fantásticas coas que xogar á poesía, e nelas descobres que os Haikus son xogos, que Dylan pode seguir a vivir nas aulas, que os paralelismos tenden pontes entre os versos, que non hai nada máis fermoso que escoitar recitar a un/unha poeta e que a poesía é comunicación e sobre todo que se nolo propoñemos seremos promotores/as de creatividade… que mellor cargo para un/unha mestre/a nestes tempos que corren?
A poesía necesaria é unha árbore chea de follas, unha fantástica aventura na que nos sentimos obrigad@s a entrar, xa que o propio autor pon en práctica a súa máxima de que “a poesía é algo necesario para un mellor coñecemento do mundo que nos rodea.
Quen cae nas súas redes fica engaiolado e non dará volta atrás. Será un lector de poesía para toda a vida”, e iso mesmo é o que acada Antonio García Teijeiro, engaiolarnos con este soberbio labirinto de propostas didácticas para tod@s @s mestres/as… porque ó fin e o remate, e como ben dixo Lorca, non debemos esquecer que un poeta non deber ser outra cousa que un profesor dos cinco sentidos.
Reseña A poesía necesaria de Antonio García Teijeiro. Galaxia (2009)
Lectura e creación poética dentro da aula
1º-2º BAC