Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Novos amigos / Tomi Ungerer

por Ungerer, Tomi [autor/a]; Ungerer, Tomi [ilustrador/a]; Senra Gómez, Sandra [tradutor/a]; Senra Gómez, Óscar [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : Kalandraka , 2018 Edición: 1ª ed.Descrición: 44 p. : il. cor ; 29 cm.ISBN: 9788484644156.Materia(s): Tolerancia | Amizade | Migracións | Diversidade cultural | Integración | Crítica social | Creatividade | Imaxinación | ReciclaxeRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Unha familia africana instálase nun novo barrio. No seu aniversario, o pequeno Rafi non ten a quen invitar porque aínda non fixo amizades pero, grazas ás ferramentas que o seu pai lle foi regalando, decide construír os seus propios amigos creando figuras con materiais reutilizados. Un día coñece a Ki, a filla dunha parella asiática que vive a carón da súa casa e ofrécese a coser roupa para vestir os bonecos. É así como, ademais de veciños, convértense en grandes amigos, unidos por unha afección común: a creatividade. Non faltará quen os insulte por seren emigrantes e por coller nos vertedoiros o necesario para traballar, nin autoridades que poñan trabas a que poidan continuar desenvolvendo a súa imaxinación. Sen embargo, Rafi e Ki fanse famosos polas súas obras e animan a outras persoas a facer o mesmo. Lista(s) nas que aparece este ítem: PAZ E RESOLUCION CONFLICTOS
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Este rexistro ten moitos ítems físicos (66). Faga clic aquí para velos todos.


Rafi e Ki teñen en común unha afección: a creatividade, a arte, a reciclaxe. A historia dunha grande amizade entre rapaces de diferentes orixes e culturas.
Fiel ao seu estilo cheo de colorido e detalles de carácter surrealista, Tomi Ungerer leva ao terreo do álbum ilustrado o seu compromiso social cos débiles e desfavorecidos: en “Novos amigos” rexeita o racismo e a intolerancia, ironiza sobre os falsos tópicos asociados a outras culturas e aplaude a diversidade de costumes. Tamén defende formas de creación distintas ás convencionais: a arte urbana e a arte-lixo a partir da reciclaxe son boas mostras.

Unha familia africana instálase nun novo barrio. No seu aniversario, o pequeno Rafi non ten a quen invitar porque aínda non fixo amizades pero, grazas ás ferramentas que o seu pai lle foi regalando, decide construír os seus propios amigos creando figuras con materiais reutilizados. Un día coñece a Ki, a filla dunha parella asiática que vive a carón da súa casa e ofrécese a coser roupa para vestir os bonecos. É así como, ademais de veciños, convértense en grandes amigos, unidos por unha afección común: a creatividade.
Non faltará quen os insulte por seren emigrantes e por coller nos vertedoiros o necesario para traballar, nin autoridades que poñan trabas a que poidan continuar desenvolvendo a súa imaxinación. Sen embargo, Rafi e Ki fanse famosos polas súas obras e animan a outras persoas a facer o mesmo.

1º-2º Primaria