Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Dende 1880 / Pietro Gottuso

por Gottuso, Pietro (1987-) [autor/a]; Gottuso, Pietro (1987-) [ilustrador/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : Kalandraka , 2020 Edición: 1ª ed.Descrición: 32 p. : il. cor ; 26 cm.ISBN: 9788413430478.Materia(s): Libros sobre libros | Librerías | Tempo | Transformacións sociaisRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: «Dende 1880» é unha narración gráfica, unha historia sen palabras que amosa o paso do tempo nos últimos 140 anos. Ambientada nunha cidade occidental, o edificio dunha céntrica rúa é o escenario invariable onde se observa o tránsito dos anos a través do atuendo dos seus habitantes, os modelos de familia, os medios de transporte, os produtos expostos nos escaparates, os oficios dos transeúntes ou os avances tecnolóxicos. Así, o vestiario evoluciona dende o polisón e o esmoquin da época vitoriana ata a moda actual, pasando polo estilo dos ‘alegres anos 20’ e o movemento hippie dos 60. Os carruaxes, os primeiros vehículos a motor, a silueta característica dos coches de recoñecidas marcas e as motocicletas tamén contribúen a situarse cronoloxicamente. Do mesmo modo, reflíctense fitos históricos: as Guerras Mundiais, a pandemia de 1918, a chegada á lúa… No marco desta transformación social tampouco faltan pistas sobre a arte, a implantación dos electrodomésticos e a presenza dos ordenadores e doutros aparellos electrónicos. Todos estes cambios prodúcense ante a atenta mirada de Cronos, o deus do tempo, coroando un portal, e cunha libraría como testemuña privilexiada desa sucesión de acontecementos, mais susceptible de sucumbir aos adiantos e á dinámica do mercado.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Milladoiro
Sala préstamo
831 GOT den/v 1 Dispoñible CEC044000014151

XIII Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados - 2020

«Dende 1880» é unha narración gráfica, unha historia sen palabras que amosa o paso do tempo nos últimos 140 anos. Ambientada
nunha cidade occidental, o edificio dunha céntrica rúa é o escenario invariable onde se observa o tránsito dos anos a través do atuendo dos seus habitantes, os modelos de familia, os medios de transporte, os produtos expostos nos escaparates, os oficios
dos transeúntes ou os avances tecnolóxicos.

Así, o vestiario evoluciona dende o polisón e o esmoquin da época vitoriana ata a moda actual, pasando polo estilo dos ‘alegres anos 20’ e o movemento hippie dos 60. Os carruaxes, os primeiros vehículos a motor, a silueta característica dos coches de recoñecidas marcas e as motocicletas tamén contribúen a situarse cronoloxicamente. Do mesmo modo, reflíctense fitos históricos: as Guerras Mundiais, a pandemia de 1918, a chegada á lúa… No marco desta transformación social tampouco faltan pistas sobre a arte, a implantación dos electrodomésticos e a presenza dos ordenadores e doutros aparellos electrónicos.

Todos estes cambios prodúcense ante a atenta mirada de Cronos, o deus do tempo, coroando un portal, e cunha libraría como testemuña privilexiada desa sucesión de acontecementos, mais susceptible de sucumbir aos adiantos e á dinámica do mercado.