000 03219nam a2200337zi 4500
008 130415s2012 sp b glg
017 _aPO 217-2012
020 _a9788498713831
080 1 _a82N-G
080 1 _a087.5
100 _aMontero, Beatriz
_91632
245 2 _aA escaleira
_c/ Beatriz Montero, Raul Nieto Guridi, Marisa Núñez
250 _a1ª ed
260 _aPontevedra
_b:OQO
_c,2012
300 _a22
_b:il. col
_c;24cm
490 0 _aO
500 _aA escaleira é un conto orixinal de Beatriz Montero que recrea a adquisición da linguaxe nos nenos de pouca idade. Cada chanzo é unha pequena conquista da súa mente. O carteiro, o zapateiro, o xardineiro e o panadeiro soben a escaleira e van deixando os nomes dos seus oficios e algúns obxectos ante a porta. Deste xeito, aprenden aos poucos novas palabras e conceptos. “Non entenden todas as palabras que escoitan, pero a repetición axúdalles a gravalas na súa memoria”, subliña a escritora. Con este conto, Beatriz Montero pretende espertar as capacidades intelectuais dos máis pequenos. Por iso, ten unha estrutura sinxela e repetitiva que facilita a memorización e o xogo de interacción cos nenos. “Subir e baixar a escaleira dota o conto dun movemento divertido, por onde pasan personaxes con diferentes oficios”. Cada oficio é un chanzo necesario na vida cotiá, e todos son igual de importantes. O panadeiro fai o pan para comer, o zapateiro arranxa os zapatos para camiñar, o xardineiro coida as plantas e as árbores, o carteiro reparte as cartas e conéctanos cos que viven lonxe. E como todos son igualmente importantes, todos fan o mesmo no conto: soben, chaman á porta, deixan un obxecto, e baixan a escaleira. “Coñecer as diferentes profesións axuda ao desenvolvemento social do neno nun mundo que está descubrindo”, incide Beatriz Montero. O xogo de onomatopeas (Din-don! Din-don!), reforzado pola ilustración, dálle un ton lúdico á narración e marca un ritmo que –no caso de ser contada– permite a participación dos que a están escoitando. Respecto diso, Beatriz Montero apunta que os nenos moi pequenos necesitan que as pegadas do conto sexan reiterativas e evidentes para recordalas, memorizalas e repetilas
505 _aNarrativa
521 _aPRI34
521 _aPRI12
650 _aMatemáticas
_xLibros infantiles y juveniles
650 _aNúmeros
_vLibros infantiles
650 _aoficios
650 _aVida cotiá
650 _aRelacións sociais. Vida en sociedade
700 _aNieto Guridi, Raúl
_91635
700 _aNúñez, Marisa
_9587
700 _aNieto Guridi, Raúl
_91635
997 _e2